Ritmo Kuku. Casino 1889 Carballo. Nivel Iniciación. 27-10-2018

Mostrámosvos o resultado do taller de iniciación deste pasado sábado no Casino 1889 de Carballo.

Foi un taller de nivel iniciación de 3 horas, nas cales aprendemos a técnica básica do Djembe e aprendemos o ritmo Kuku. Aprendemos o acompañamento do ritmo, a recoñecer e sincronizarnos coa chamada, unha entrada e un corte!! Un grupo moi potente para ser de iniciación.

Agradecemos ás persoas asistentes o interese, a puntualidade e a boa actitude, ben feito! Tamén agradecer á xente do Casino pola acollida.

Deixamos, a continuación, algunha información sobre este ritmo para as persoas que fixeron o taller, e que tamén pode ser de interese para o público en xeral.

 

Información sobre o ritmo Kuku.

 

Orixinario da fronteira entre Guinea e Costa de Marfil, era na súa orixe un ritmo de danza de mulleres, na que se celebraba a volta despois da xornada de pesca.  Orixinalmente tocábase con dous djembes, un djembe grave e outro djembe solista de gran tamaño. Logo viñeron os arranxos de dun dun. Hoxe en día é un ritmo moi popular e moi extendido por toda a zona da costa oeste africana.

 

Mamady Keita no seu disco Sila Laka ten unha versión con este canto:

 

Kuku we ni karo bora e
Kuku we ni karo bora n’di barafo n’terigne

 

Tradución:

Kuku, se a lúa aparece

tocarei o djembe (bara) para o meu amigo /miña amiga.

 

Podes escoitalo aquí: Audio Canto Kuku

 

Ata pronto!

 

Referencias:

Paul Nas West African Percussion: Kuku

Djembefola.com (foro sobre cantos)

 

 

Next Post Previous Post

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.