Taller de Iniciación ó Djembe. Ultramarte, 24 Nov 2018

Ola!

O próximo 24 de novembro, sábado temos unha nova xornada de percusión con Son d’África en Compostela!

Será un taller de 3h de iniciación ó Djembe. Non necesitas instrumento, nós facilitámolo. Tampouco necesitas experiencia previa pois ó ser de iniciación aprenderemos a técnica básica do djembe e logo aplicarémola a un ritmo.

Poderás sentir as sensacións de tocar un ensemble de percusión, e aprenderás un pouco máis da cultura da costa oeste africana (cultura Mandinga).

Horario: de 17h a 20h.

Lugar: Ultramarte, La casa Azul. Rúa de muros, 151, Roxos. Santiago de Compostela.

Prezo: 25€

Inscrición: 627 859 101 / 671 708 159 / ultramartestudio@gmail.com

 

Esperámoste!

Next Post

Your email address will not be published.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.