Talleres de Percusión Africana

Dende Son d’Africa propoñemos un achegamento á cultura de África occidental a través da súa música. Donde facemos conciencia de grupo, coñecemos os elementos desta música, aprendemos técnicas musicais e nos divertimos, exercitando o sentido do rimto e a expresión musical nun contexto distendido.

Neste taller de percusión usamos o djembe como instrumento. Durante a duración da actividade aprendemos técnicas, ritmos, conceptos ou outros coñecementos (danza, melodías tradicionais, etc.) que sexan precisos para un mellor desenvolvemento da mesma. O resultado final é unha ou varias pezas musicais interpretadas polas persoas asistentes.

O que Aporta

  • Mellora a consciencia grupal, a consciencia corporal e a coordinación motora.
  • Desenrola o sentido do ritmo, a expresión artística e a creatividade.
  • Amosa certos aspectos da cultura e da música da costa oeste africana.
  • Traballa coa música africana como ferramenta para combater o estrés, a depresión,
    monotonía e outras doenzas relacionadas co estilo de vida “occidental”.
  • Transmite unha serie técnicas musicais propias do instrumento (djembé), conceptos e ritmos.
  • Os alumnuos adquiren a capacidade de execución de polo menos un ritmo, disfrutando das sensacións de participar nunha orquestra.

Descripción Técnica

Duración

Mínimo 2h. Máximo 8h.

Asistentes

Mín. 5 máx. 15-20 persoas.

Equipo docente

2 Persoas: Un mestre conduce a actividade, apoiado por un asistente que tamén é a persoa encargada de tocar os dundúns.

Material

Dispoñemos dos instrumentos (djembes, duns) así como demais elementos necesarios para o desenrolo da actividade.

Método didáctico
  • Presentación do instrumento e do seu contexto musical e cultural.
  • Aprendizaxe da técnica do djembe.
  • Desenvolvemento dunha serie de contidos rítmicos ou musicais baseados nun ou varios ritmos en concreto (patróns, arranxos (entrada, corte, saída, etc), posibles melodías cantadas ou danzas, etc.
  • Aprendizaxe progresivo baseado na repetición, no canto previo das frases rítmicas e nos tempos lentos e progresivamente crecentes.